Introdución

Fase de exploración.

Accións clave: Activar, Negociar, Organizar.

Preguntas clave: Por que cres…? Como pode ser que…? Que pensas sobre…? Como imaxinas….?

….

Actividades tipo posíbeis

1. Motivación e produción inicial

Posicionarse

  • Valorar e escoller afirmacións ou cuestións
  • Responder unha enquisa sobre o tema
  • Cubrir unha táboa de experiencias e/ou posturas persoais e grupais
  • Interpretar ou completar un gráfico, unhas viñetas, un vídeo… sobre o tema
  • Encher unha táboa con elementos do ámbito social que se vai traballar e escoller un tema dentro dese ámbito
  • Realizar unha montaxe que permita amosar criterios de escolla dentro dun abano ofrecido (Tipo Scrapbook)

Revisar e autoavaliarse

  • Decidir se son verdadeiras ou falsas unha serie de informacións sobre o tema do proxecto
  • Cubrir unha táboa de destrezas ou actitudes persoais e grupais
  • Contestar un test sobre hábitos con resultados dentro de perfís
  • Elaborar unha lista ou un mapa colectivo para levantar coñecementos previos. Facer un remuíño de ideas
  • Crear un texto inicial sen apoios partindo dun suposto ou simulación
  • Clasificar textos (tamén icónicos ou audiovisuais) e facer explícitos os criterios
  • Relacionar elementos (situacións, causas e consecuencias, etc.)

Pescudar

  • Realizar unha enquisa/pescuda para presentar na aula
  • Recompilar casos en relación co tema
  • Achegar e presentar exemplos do xénero traballado

2. Negociación

Acordar e decidir

  • Avaliar un cadro coas cuestións Que faremos, Para que, Que aprenderemos, Como se avaliará
  • Revisar e ordenar segundo preferencias os obxectivos e criterios do proxecto
  • Autoavaliarse inicialmente ante as esixencias do proxecto e realizar un contrato para o desenvolvemento do traballo

.

Recursos que se poden ofrecer

Batería de preguntas

Cadro ou táboa para cubrir / completar / valorar

Enquisa con perfís

Ficha de pesquisa

Cadro con temas posíbeis dentro do ámbito de traballo

…..

 

Produtos

Enquisa, lista, produción inicial do xénero…