Fase de investigación.
Accións clave: Procurar, Seleccionar, Recoller, Incorporar.
Preguntas clave (para a produción e non a reprodución): Por que…?, Cales son as razóns para…?, Con que elementos se pode comunicar…?
….
Actividades tipo posíbeis
Planificar e peneirar
- Cubrir un diagrama con Que sei, Que quero/preciso saber, Que fontes empregarei
- Procurar fontes e avaliar a súa fiabilidade e utilidade
Extraer e reelaborar
- Completar un cadro / esquema / mapa conceptual tras consultar as fontes
- Elaborar e realizar unha enquisa ou entrevistas; extraer e presentar os resultados
- Abordar a comprensión das fontes en grupo, con distribución das partes e redacción conxunta das ideas fundamentais
- Facer un glosario con termos que aparezan en varios textos fonte, practicando previamente a definición
- Comparar situacións determinadas e recoller as conclusións
- Traballar o proceso de comprensión (literal, global, interpretativa e crítica) sobre as fontes
- Literal: localizar información de acordo con criterios…
- Global: determinar a idea principal de cada parágrafo, discriminar a información segundo a importancia, elaborar un resumo, localizar as partes do texto…
- Interpretativa: identificar a intención, realizar inferencias, contrastar as ideas do texto coa experiencia propia, explicar relacións…
- Crítica: distinguir tipos de feitos e valoralos, xulgar o tipo de información, explicar e valorar a postura do autor…
Bosquexar
- Realizar un esquema do texto que haberá que producir
…..
Recursos que se poden ofrecer
Relación de fontes de información variadas
Folla / lista de control ou ficha de procedemento (para procurar información, para seleccionala…)
Cadro / mapa de contidos incompleto
Modelo de ficha para rexistrar fontes
Cadros para a recolleita de datos, análise de situacións…
Guías para pescudas e enquisas
Elementos para realizar o esquema previo
…..
Produtos
Mapa de conceptos, esquema, glosario, enquisa, conclusión…
