Comprensión de textos

1.-Obtención de información: localizar e extraer datos explícitos / información pouco explícita

Gradación: localizar información puntual explícita – localizar distintos fragmentos de información – localizar información distinta e recoñecer a relación – localizar e ordenar ou combinar retallos de información pouco explícita e decidir cales son relevantes

2.-Comprensión global: recoñecer a intención do emisor e o tipo de texto / xénero; entender o vocabulario básico; diferenciar citas literais, ideas citadas e exemplos; identificar de palabras clave; extraer a idea principal (dun parágrafo / da totalidade, explícita / non explícita); identificar o referente de elementos anafóricos relevantes e de substitutos nominais; (entender o papel de elementos icónicos relevantes)

Gradación: recoñecer a idea principal explícita e o propósito do autor en textos claros – etc.

3.-Comprensión do contido e da organización textual: extraer as ideas secundarias; extraer o tema; comprender as relacións causa-efecto; identificar secuencias tipo ‘problema – solución’; identificar a conclusión; recoñecer o valor dos conectores; extraer a estrutura; esquematizar o contido; elaborar un resumo

Gradación: recoñecer as ideas explícitas e o tema dun texto sinxelo – etc.

4.-Elaboración dunha interpretación: facer inferencias (inferir significado de termos descoñecidos, recoñecer elementos contextuais que non se mencionan, os implícitos e as consecuencias); interpretar o contido; recoñecer o papel social do emisor e a súa relación co receptor

Gradación: interpretar o significado de fragmentos facendo inferencias e deducións básicas – etc.

5.-Reflexión e valoración do contido: xulgar a adecuación á realidade; inferir valores connotativos; recoñecer se se implica o receptor; distinguir feitos de posturas modalizadas e de opinión; valorar a adecuación do título en relación co tema; valorar a actitude do autor e recoñecer segundas intencións e ironías; xulgar a coherencia do texto; descubrir tópicos, prexuízos ou discriminacións e facer apreciacións críticas

Gradación: relacionar a información do texto con coñecementos comúns – etc.

6.-Reflexión sobre a forma e valoración: relacionar a expresión coa utilidade social do texto e a intención do emisor; apreciar a estética e relacionala co contexto; inferir datos sobre o emisor; valorar recursos semánticos e doutro tipo