Deseño

Elementos que se deben considerar no deseño inicial da secuencia

Claves

  • .: Escolla axeitada dun centro de interese e negociación (controlada) do proxecto co alumnado
  • .: Proposta de realización dun texto con sentido no contexto social (escolar, da comunidade, dos medios de difusión…)
  • .: Traballo das habilidades relacionadas coa procura e tratamento da información e mais dos aspectos necesarios asociados ás características do tipo e xénero textual en actividades posibilitadoras (obradoiros para apropiarse do xénero)
  • .: Realización dunha produción inicial que avalíe o alumnado e permita axustar a secuencia
  • .: Abordaxe na planificación do texto da situación de comunicación e mais da estrutura e na textualización da recolleita de conclusións tiradas nas actividades posibilitadoras
  • .: Secuenciación acorde coas necesidades (hai que mellorar a procura e tratamento da información?, non sabe o alumnado identificar o xénero?, deben traballarse estratexias para expresar as ideas…)
  • .: Combinación, no posíbel, de diferentes destrezas comunicativas: comprensión oral e escrita, produción oral e escrita, interacción
  • .: Inclusión de apoios (listas, guías, fichas, cadros, follas de avaliación…) para as actividades que o precisen
  • .: Adaptación dos pasos do proceso (amplitude dos contidos e despregamento das destrezas), así como dos apoios dados e a propia presentación, ao tipo de alumnado
  • .: Integración das TIC, aínda que creemos a versión para realizar en papel
  • .: Incorporación de actividades interactivas, se é posíbel, como apoio á reflexión e para a avaliación da comprensión
  • .: Realización de actividades en grupo sen que colisionen cos distintos ritmos de aprendizaxe

Proposta de plan para o deseño.

Lista de control dun proxecto de comunicación (adaptado de Inmaculada Marcos)

Obxectivos

  • Están dirixidos ao desenvolvemento competencial
  • Serán coñecidos polo alumnado

Contidos

  • Predominan os procedementos; os conceptos están ao servizo destes
  • Considérase a literatura un ámbito de uso máis e intégrase cos demais contidos

Deseño e estrutura

  • Proponse producir un texto cunha finalidade comunicativa real. Motívase o alumnado para a súa produción
  • Profesor/a e alumnado acordan o plan de traballo (que obxectivos se perseguen, que se fará…)
  • Inclúense actividades de preparación, desenvolvemento (recompilación de información, reflexión sobre a situación de comunicación, extracción das características do tipo/xénero que se vai crear) e produción
  • O eixo é o proxecto de produción e cada unha das partes conecta coas demais para permitir a mellora das destrezas

Textos

  • Combínanse os orais e os escritos (para a comprensión e a expresión) e textos de diferentes ámbitos
  • Inclúense xéneros textuais variados
  • Elíxense tendo en conta as necesidades comunicativas do alumnado

Actividades

  • Combínanse as habilidades comunicativas
  • Hai produción contextualizada, con planificación, estruturación e revisión
  • A reflexión sobre a lingua baséase nas características do tipo e xénero textuais que se traballan
  • As actividades son todas relevantes para a produción final; a finalidade común é poder realizala adecuadamente
  • Hai algunha para extraer os coñecementos previos e algunhas de avaliación ao longo da secuencia
  • Son variadas, con diferentes agrupamentos

Avaliación

  • Explícanselle ao alumnado ao comezo os criterios que se van empregar
  • Empréganse diferentes instrumentos ao longo da secuencia (creación inicial, revisión de fases e textos intermedios e mais do texto final)
  • Avalíase o proceso de aprendizaxe
  • Inclúese a autoavaliación e a coavaliación

Propostas

Tratamiento integrado

HIZKUNTZA-KOMUNIKAZIORAKO GAITASUNA. Bigarren Hezkuntza