Produción

Fase de elaboración.

Accións clave: Planificar, Textualizar, Revisar.

Preguntas clave: Como se compón…?, Como comunicar mellor…?

….

Actividades tipo posíbeis

Planificar

  • Revisar os contidos e planificar a escrita do borrador
  • Revisar e reescribir a produción inicial
  • Realizar un guión (no caso de intervencións orais, cómic, entrevistas…)
  • Determinar a situación de comunicación do texto que se vai crear

Textualizar

  • Elaborar o texto (borrador). Pódense achegar fragmentos ou indicación do contido de cada parte

Revisar

  • Revisar o borrador (propio ou non) seguindo criterios
  • Realizar propostas de mellora dos borradores coa axuda de modelos
  • Completar guía de revisión recollendo claves do traballo anterior
  • Revisar cuestións non traballadas nas fases anteriores, con práctica sobre modelos

……

 

Recursos que se poden ofrecer

Folla de control para a revisión do xa traballado

Pautas para elaborar o guión, cando se precise

Cadro para cubrir situación de comunicación

Guión para a construción do texto

Folla de corrección e achega de propostas

Ficha con alternativas aos erros comúns non traballados

Folla de observación do ensaio de intervencións orais planificadas

…..

 

Produtos

Calquera xénero (o produto final)