Características do tipo/xénero

Fase de análise.

Accións clave: Analizar, Practicar, Profundar

Preguntas clave: Como se expresa…?, Que diferenzas/relacións hai…?, Como caracterizar…?, Que recursos podo empregar para…?

….

Actividades tipo posíbeis

Examinar e diferenciar

  • Comparar (situación de comunicación…), identificar e extraer características de tipos / xéneros textuais
  • Clasificar textos de diversos xéneros e extraer características por contraste
  • Recoñecer xéneros nun texto que contén fragmentos variados fusionados
  • Extraer características de varios exemplos do xénero que presentan especificidades relevantes (como diferente estrutura). Distinguir esas modalidades

Examinar e relacionar

  • Recompilar textos do xénero e comparalos atendendo unha serie de trazos. Recoñecer o que teñen en común varios textos do mesmo xénero
  • Relacionar textos e situacións de comunicación dadas
  • Clasificar, segundo funcións, os organizadores textuais. Relacionar grupos de organizadores coas funcións e achegar outros equivalentes

Examinar e identificar

  • Decidir razoadamente se distintos xéneros pertencen ao tipo textual traballado
  • Analizar un xénero ou elemento textual a través de preguntas clave
  • Localizar partes do xénero nun texto determinado. Ordenar fragmentos dun texto de acordo coa súa estrutura
  • Extraer marcadores ou conectores de varios exemplos do xénero e procurar equivalentes

Examinar e discriminar

  • Escoller nun listado elementos necesarios en cada parte do texto
  • Escoller fórmulas lingüísticas e expresións para distintas partes do xénero (para o inicio, o final, etc.) e indicar a función tendo en conta a intención do emisor. Achegar alternativas

Ampliar e modificar

  • Recuperar o contexto de produción dun texto (onde, quen, para quen…). Completar situacións de comunicación de varios textos. Escoller textos para varias situacións de comunicación.
  • Barallar posibilidades da situación comunicativa a partir de supostos
  • Redactar, partindo dunha serie de organizadores e nunha situación simulada
  • Colocar organizadores nun texto sen eles
  • Continuar ou rematar un texto do xénero seguindo indicacións
  • Construír núcleos textuais (presentación, argumentos…) a partir de supostos
  • Reescribir evitando erros textuais
  • Facer unha “tradución” visual ou audiovisual dun texto
  • Pasar dun xénero a outro un texto, dentro do mesmo tipo. Avaliar esa produción intermedia

Concluír

  • Analizar fórmulas lingüísticas e reflexionar sobre os trazos gramaticais. Modificar eses trazos (tempos verbais, estilos de reprodución…) para chegar a conclusións sobre o seu valor
  • Definir xéneros despois das análises realizadas. Revisar a definición e caracterización tras a lectura dun texto expositivo sobre as características do xénero

…..

.

Recursos que se poden ofrecer

Cadro, esquema ou mapa para cubrir, asignar ou completar características

Definición ou caracterización parcial para completar

Batería de preguntas para a análise e táboa de conclusións para cubrir

Listaxe de elementos ou fórmulas textuais necesarios e non necesarios

Esquemas textuais con especificación das funcións de cada parte e con exemplos

Crebacabezas para colocar xéneros

Folla de observación de trazos gramaticais e guía para as conclusións

Cadro para completar / redactar definición do xénero

Listado de fórmulas e expresións para escoller, ordenar, asignar a intencións…

Storyboard para a traslación (audio)visual

Documento / audio / vídeo con cuestións teóricas

Lista de control para a escrita

Folla de avaliación da escrita

…..

 

Produtos

Conclusión, cuestionario, informe, “traslación”….