Fases ou secuencia

Os proxectos de comunicación ou secuencias adoitan conter as cinco grandes partes que se presentan abaixo.

A organización é, en todo caso, variábel. Fundamentalmente porque:

  • – o traballo coa información pode faltar se non é relevante ou ben aparecer despois da análise do xénero (mesmo dentro da planificación do texto)
  • – a aproximación ás características do xénero pode inserirse na textualización e revisión do texto
  • – pode haber necesidade de recorrencia se se xoga con varios xéneros (por exemplo, na presentación dunha escolma de relatos)

Fases

1. Introdución

Títulos posíbeis: Que sabemos e imos facer?, De que vai este proxecto?, Organizámonos, Dos coñecementos previos ao plan de traballo, Motivación e negociación

2. Traballo coa información

Títulos posíbeis: Buscar e recoller información, Informámonos, Profundamos no tema, Estudo do tema

3. Abordaxe das características do tipo e/ou xénero textual

Títulos posíbeis: Como se poden expresar as ideas?, Como é [o xénero]?, Sobre a linguaxe do [xénero], Os elementos do [xénero], Ampliando saberes sobre [o xénero]

4. Produción

Títulos posíbeis: Escribimos, O noso [xénero], Planificamos, realizamos e revisamos

5. Presentación e avaliación final

Títulos posíbeis: Compartillamos, Presentamos e avaliamos, Velaquí o [xénero]