Produtos na procura de sentido

O obxectivo de produción é un xénero textual (e non só os especificamente dixitais)

.

Algunhas posibilidades concretas:

[]  Preparar intervencións en actividades complementarias e extraescolares do centro (como a presentación dun vídeo propio)

 

[]  Ofrecer servizos aos demais, por exemplo un roteiro ao Concello (velaquí un exemplo)

 

[]  Elaborar xéneros xornalísticos (entrevistas de interese, reportaxes…) para unha publicación, como un blogue colectivo ou a radio escolar (un exemplo).

 

[]  Realizar unha creación audiovisual para un certame ou para un evento programado (coma este vídeo)

 

 

[]  Confeccionar presentacións multimedia para intercambios escolares (un exemplo)

 

[]  Elaborar unha guía na web útil aberta a todo mundo (coma este wiki)

 

[]  Contribuír á realización dunha viaxe do grupo cunha guía

 

[]  Facer un estudo para enfrontar carencias sociais do contorno e realizar un informe que se presente á prensa

 

[]  Realizar paneis informativos para unha exposición no centro ou fóra del

 

[]  Facer unha videocreación para colocar nas redes sociais

 

[]  Crear un álbum de banda deseñada, en papel e na rede

 

[]  Contribuír na Wikipedia ou confeccionar unha pequena enciclopedia dixital

 

[]  Participar nun coloquio ou debate público

 

…..