Axuda

Guía para a escrita de anotacións persoais

Recomendacións xerais

Todas as anotacións deberán:

    1. incluír un título axeitado e un corpo con contidos propios (nunca resultado do copia e pega);
    2. ter como mínimo un parágrafo (mesmo se presentas un vídeo) e como máximo cinco ou seis, con varias oracións ben construídas e puntuadas;
    3. conter parágrafos breves que transmitan con claridade o que queres dicir, usando tamén os recursos tipográficos: tipo de letra, viñetas…;
    4. usar unha linguaxe correcta; emprega para iso as ferramentas lingüísticas da rede (corrector en liña, dicionario…)
    5. conter cando menos unha imaxe en relación co tema; se se toma da rede, será libre (consulta máis abaixo onde procuralas) e citarase a fonte;
    6. incluír algunha ligazón activa (inserida coa icona do editor) a sitios de interese en relación co contido;
    7. ser clasificadas mediante unha categoría, do tipo: recomendacións, novas, guías, reseñas, extraescolares, videocreación, opinión…

Recomendacións específicas

✔ Opción 1: informar sobre un asunto de actualidade

Que podo facer?

Comentar unha noticia, facer reseñas (de producións musicais, sitios para visitar, programas, películas…), comunicar as bases dunha convocatoria ou un certame, etc.

Como fago?

Presenta o contido que queres transmitir de xeito breve. Terás, polo tanto, que resumir feitos e características. Os hipervínculos que poñas permitiranlle ao lector ver o orixinal ou ampliar información.

Podo ver algún modelo?

Presentación de guías de Galicia, selección do programa Ben falado!, reseña da película Slumdog Millonaire. [NOTA: os fragmentos de texto en cor nas imaxes son ligazóns]

✔ Opción 2: proporcionar axuda ou guías aos lectores

Que podo facer?

Realizar recomendacións de lecturas, confeccionar unha breve guía (para usar un produto, para cociñar un prato, para viaxar…), ofrecer unha escolma comentada (de grupos dun estilo musical, de xogos, de sitios web sobre un tema…), etc.

Como fago?

Explica que recomendas facer, como se fai e por que. Ofrece ligazóns a sitios web que complementen as túas orientacións.

Podo ver algún modelo?

Guía dunha viaxe, recomendación de lectura. [NOTA: os fragmentos de texto en cor nas imaxes son ligazóns]

✔ Opción 3: facer públicas actividades e producións, tanto alleas como propias

Que podo facer?

Dar a coñecer actos, viaxes realizadas, actividades extraescolares, historias persoais, vídeos propios, contos, poemas, serie de imaxes, etc.

Como fago?

Presenta sempre as características do que queres dar a coñecer e reproduce a continuación o que creas conveniente (fotos, vídeo, un texto creativo…).

Podo ver algún modelo?

Actividade de proxección de curtas, Relatos do certame A Caramiña, Composición colectiva sobre inmigración. [NOTA: os fragmentos de texto en cor nas imaxes son ligazóns]

✔ Opción 4: opinar sobre un tema

Que podo facer?

Posicionarte ante feitos de actualidade, valorar comportamentos que observes, indicar a postura que deberiamos ter diante dun tema, realizar una reclamación ou protesta, etc.

Como fago?

Opina e defende a túa postura empregando argumentos, as razóns que a apoian. Iso faise de moitas formas: aplicando a lóxica, con exemplos… En calquera caso, seguramente debas botar man máis dunha vez da conxunción porque. Considera opinións distintas da túa e liga os espazos nos que aparezan.

Podo ver algún modelo?

Opinión sobre a realidade social, artigo sobre Berlusconi. [NOTA: os fragmentos de texto en cor nas imaxes son ligazóns]

Blogues temáticos recomendados para ter referencias (aínda que algún contén anotacións demasiado longas)

De fotografía: Fotoaberta
De cine: Cinema friki
De lectura e TICs: Trafegando ronseis
De tecnoloxía: tecnoloxia.org
De televisión: Voz en off
De banda deseñada: Qadriños
De tendencias dixitais: De ceros a uns
De ecoloxismo: Un claro no bosque
Sobre animais: Espazo vivo
Sobre ciclismo: Elos e canelas
De gastronomía: Caldeirada
De arqueoloxía, roteiros e tendencias: Capítulo 0

Guía para a procura na rede

Para procurar imaxes libres: FlickrCC, Wikimedia, Morguefile, Pixel PerfectCompfight (neste caso, seleccionando Creative Commons).

Guía para manexar Edmodo

Abrir vídeo. Previsualizar:

Posibilidades das ferramentas web

Acceso a unha escolma

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará