Caderno de notas

Situación do traballo no 20 de maio

Consulta este documento (para 1ºD este actualizado). Continuarán co labor dixital os poucos alumnos e alumnas que aparecen co seu número en verde. Os demais deben recoller no caderno en papel todas as actividades non superadas.

Situación do traballo dixital no inicio do terceiro trimestre

Velaquí os resultados do labor na rede no mes de abril, como alternativa ao caderno en papel. Boa parte do alumnado perde a oportunidade de desenvolver a escrita dixital, pois non acada os niveis mínimos e terá que realizar as actividades no caderno; son aqueles e aquelas sinalados con “Baixa definitiva”. Unha pequena parte xa decidira, despois de configurar o seu blogue, abandonar esta opción.

Documento cos datos

Enquisa da primeira avaliación

Accesíbel neste documento.

Instrumentos de avaliación

Os principais instrumentos que se empregan para avaliar e facer a nota media son os seguintes:

1. Exames. Os resultados das probas obxectivas constitúen o 40% da nota. De xeito que:

  • Un 10 son 4 puntos
  • Un 9 representa 3’6 puntos
  • Un 8 vén ser 3’2 puntos
  • etc.

2. Tarefas. O desenvolvemento de tarefas nas secuencias de traballo e mais na rede supón 1’5 puntos.

3. Producións guiadas. As creacións finais das secuencias, que cómpre entregar, e mais os textos das actividades de construción representan 1 punto.

4. Actividades. O labor continuo de solución de actividades vale medio punto (0’5).

5. Caderno. A calidade do caderno, que é preciso entregar cando se solicita, conta 1 punto.

6. Lectura do trimestre. A realización adecuada da proba ou actividade sobre o libro de lectura pode chegar a puntuar ata 1.

7. Actitude. A participación, atención, respecto, emprego desprexuizado do galego, etc. suman 1 punto.

Resultados das principais tarefas e cuestionarios realizados en Edmodo no 1º trimestre

Nota: a relativa desorde na listaxe do alumnado débese aos nomes de usuario empregados na aula virtual.

Descarga (PDF, 26.43KB)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará