Criterios

Valoración dos resultados do 2º exame do 2º trimestre
Valor exame2.2

Criterios xerais de avaliación das tarefas

a) Le as indicacións e consulta as fontes e documentos para entender o que hai que facer

b) Entrega en tempo

c) Resolve e/ou constrúe ben os textos.

d) Revisa o traballo seguindo as suxestións de mellora

 

Criterios específicos de Edmodo:

a) Publica e comenta adecuadamente, respectando os demais e facendo uso das iconas (Link…).

b) Comparte sitios ou creacións da rede en Intercambios e etiqueta o que publica.

c) Emprega con autonomía as páxinas, etiquetas compartidas polo profe, botóns, etc. para moverse pola aula virtual e estar ao día.

d) Realiza os cuestionarios (quizzes) con éxito.

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN RECOLLIDOS NA PROGRAMACIÓN

O peso dos distintos instrumentos de avaliación é o seguinte:

a) Notas das probas obxectivas sobre contidos da materia. Suporán o 40% do total da nota. Establécese un mínimo para poder facer media entre as probas que será un terzo da nota total. Os exames incluirán cuestións sobre os distintos bloques de contido: comunicación (comprensión e construción de textos), reflexión sobre a lingua, lingua e sociedade e educación literaria.

b) Notas das elaboracións. A suma dos resultados das actividades e da realización das tarefas de investigación e produción encherán o 40% da nota media. Tamén se terá en conta neste apartado a calidade do caderno (físico e dixital) e a resposta ás propostas de creación.

c) Nota por libros de lectura. Será preciso realizar unha lectura mínima por trimestre, que será avaliada a través dun traballo ou unha proba e suporá un 10% da nota da avaliación. O incumprimento ou a realización deficiente nun trimestre fará que se duplique ese valor no seguinte se tampouco se supera a súa avaliación. Hai posibilidade de subir nota coa lectura voluntaria de libros recomendados.

d) Notas diarias ou semanais de actitude. A constancia e o esforzo, o respecto aos compañeiros, o profesor e a materia, a participación e o interese ou a práctica habitual, desprexuizada e en progresión do uso oral do galego contarán un 10% da nota.

Os demais elementos da programación (obxectivos, metodoloxía, etc.) poderán consultarse no blogue da materia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará