Traballo de lectura da 3ª avaliación

Neste trimestre tes a opción de dar conta da lectura do libro escollido realizando, no teu blogue ou en papel, as actividades seguintes. Se entregas o traballiño antes do segundo exame da avaliación, podes evitar as preguntas sobre a lectura que nel haberá.

Se o teu libro é de relatos, terás que escoller dous diferentes para realizar as actividades 1 e 3.

1. Explica as variacións espaciais que hai na obra (ou relato): en que lugares principais se desenvolve a acción, como son estes (como se describen) e en que momentos da historia se vai cambiando dun a outro. De ser unha obra de teatro, explicarase como e cando hai novos elementos no escenario. Mínimo: 10 liñas.

2. Comenta a temática do libro: que temas principais (preocupacións, conflitos…) presenta e con que intención principal (concienciar, denunciar, divertir…) cres que o fai. Ou sexa: que che comunicou, sobre que che fixo reflexionar. Mínimo: 5 liñas.

3. Escribe unha intervención dun personaxe secundario existente que se podería engadir na obra -a intervención- dirixíndose ao personaxe principal (ou a un deles, se hai máis ca un). Terás que incluír referencias ao comportamento deste e manter o ton habitual do personaxe que fala. Especifica quen é e en que páxina situarías esa intervención. Mínimo: 10 liñas.

4. Indica o seguinte para valorar a lectura. Mínimo: 10 liñas.

  • Como te sentiches durante a lectura e ao rematala?
  • Conseguiu que mantiveses o interese no que lías? Por que?
  • Que emocións espertou en ti?
  • Recomendaríalo ou non? A que tipo de lector cres que lle gustaría e por que?
VN:F [1.9.12_1141]
Rating: 4.8/5 (5 votes cast)
Traballo de lectura da 3ª avaliación, 4.8 out of 5 based on 5 ratings
Artigo engadido en Avisos e etiquetado con . Velaquí a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Canto é 9 + 2 ?
Please leave these two fields as-is:
IMPORTANTE! Para poder continuar, deberás resolver este sinxelo cálculo :-)
Engadir arquivo Cargando Tipos: jpg, png, gif, flv, mp3, zip, odt, doc, pdf, ppt, pptx, odp, Ata: 2Mbytes, Número máximo: 3