O xénero lírico: introdución

Preme para ampliar a imaxe e pasa o cursor sobre os seus puntos explicativos.

Resolve no teu blogue estas dúas actividades:
1. Copia e pega no teu caderno dixital o seguinte poema e realiza un comentario contestando as preguntas que o seguen.

No máis fondo, no máis fondo
lévote dentro de min:
entrache un día xogando,
por sempre quedache alí.

Xa o sabes. Crava o puñal!
sen ter compaixón de min,
pero non o enterres moito
porque te podes ferir.

RAMÓN CABANILLAS, No desterro

a) Indica se ten temática social ou intimista e propón un título que lle acaia ben.
b) Explica, seguindo o modelo da imaxe, as súas características métricas:

  • número de sílabas (indicando particularidades á hora de facer o cómputo, como engadidos ou sinalefas)
  • o tipo de rima (consoante ou asonante) e o seu esquema (fíxate se son versos de arte maior ou menor para usar as letras adecuadas).

c) O puñal representa algo distinto dunha arma. Que cres que será? Sabes que figura literaria constitúe?
d) Ilustra o poema cunha imaxe que o acompañe (non esquezas citar o sitio de onde a tomas).

2. Copia e pega tamén no teu caderno dixital esta poesía e realiza un comentario contestando as preguntas que o seguen.

CARTA Á MIÑA MULLER

Querida, non o esquezas, hai palabras
que é pecado dicilas neste tempo.
Palabras que non debes pronuncialas,
nin sequera pensalas, cavilalas,
tatexalas, gabalas, escribilas…
Moito menos berralas.
Esposa, toma nota e non esquezas:
non digas libertá palabra triste
con perigo de morte e calivera.
Se é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo.
Non digas tan sequera
as verbas derivadas,
por moi lonxano e vago
que sexa o parentesco etimolóxico,
como son, verbigratia, libertino,
liborio, liberata, libre cambio.

En troques di cadea, viva, viva,
si señor, moitas grazas, Deus llo pague.
Xa verás que felices imos sere!

CELSO EMILIO FERREIRO

a) Cal será a intención de Celso Emilio: denunciar a falta de liberdade do seu tempo ou darlle grazas a Deus polo ben que se vivía?
b) Sabes que a ironía consiste en dicir o contrario do que se di. Cres que neste poema hai ironía? Por que?
c) Clasifica o poema nunha das grandes temáticas: social ou intimista.
d) Cales cres que son os recursos principais cos que se crea ritmo neste texto?

Actividade complementaria sobre o ritmo
Actividades complementarias interactivas

This entry was posted in Actividades, Para ver and tagged . Bookmark the permalink.

One Response to O xénero lírico: introdución

  1. brais says:

    No máis fondo, no máis fondo 8-lévote dentro de min: 7+1=8aentrache un día xogando, 8-
    por sempre quedache alí. 9-1=8a por que rompo a sinalefa.
    Xa o sabes. Crava o puñal! 7+1=8-
    sen ter compaixón de min,7+1=8a
    pero non o enterres moito 8-
    porque te podes ferir. 7+1=8-
    RAMÓN CABANILLAS, No desterroa) Alí no más fondo...b) no poemac) asonanteo seguinte xa o farei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará