
Se rematas a lectura dunha das obras postas neste trimestre antes do final da avaliación, podes evitar a proba de lectura se entregas as seguintes actividades. Pódense facer a man ou empregando un procesador de textos. Inclúe ao comezo unha ficha do libro (autoría, título, editorial…) e mais os teus datos.
- Comenta brevemente (unhas 15 liñas) como vai avanzando o tempo na historia: canto dura?, avanza con rapidez?, hai saltos adiante ou atrás?, etc. Exemplifica sempre. Se é un libro de relatos, céntrate nos dous que teñan maior extensión.
- Escribe en 15-30 liñas un final alternativo para a novela ou, se se trata dun libro de relatos, para o último relato. Terá que ser un final sensibelmente distinto do orixinal. Será tamén coherente co que aconteceu antes e manterá o tipo de narrador e o ton (realista, fantástico…).
- Fai un retrato (xa sabes: unha descrición completa) dun personaxe secundario que che resultase interesante. En 10 liñas, aproximadamente.
- Realiza unha valoración persoal: resultouche difícil?, gustouche?, que aprendiches coa lectura?, recomendarías o libro? Por que? Nunhas 10 liñas.













