Cambio

1. Comprendemos

  • Como ve a dependenta do supermercado ao protagonista cando este entra? Que cres que pensa? Coincidiches con ela ao comezo da curta?
  • Con que intenta axudar os demais o mendigo? En cal dos casos cres que fica máis claro que se pode facer moito con pouco?
  • A palabra cambio do título refírese ás moedas que forman un dólar, mais parece indicar máis ca iso. Cal é o principal cambio que se reclama?

2. Creamos. Escolle unha opción:

  • a) En catro ou cinco liñas, caracteriza o mendigo psicoloxicamente baseándote no seu comportamento. Podes comezar así: O protagonista é unha persoa sagaz, que percibe as necesidades dos demais sen que estas as comuniquen. Ademais,…
  • b) Redacta a historia que recolle a curta. Deben poder apreciarse claramente as tres partes do texto narrativo.

3. Opinamos

  • Cres que se pode cambiar realmente esta sociedade insolidaria e a vida das persoas desfavorecidas só coa caridade? Abonda cunha axudiña se cada vez os ricos son máis ricos e a maioría pobre é máis pobre? Que faría falta modificar? [Velaquí unha axuda]
This entry was posted in Actividades and tagged , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará