Uso do sitio

O sitio dispón de catro espazos aos que se accede desde o menú permanente e desde a icona de conversa:

  1. O cartafol, cos contidos relevantes ordenados por nivel e secuencia. Empregarao o profesor na aula e é recomendábel revisalo na casa.
  2. A axenda, coas probas e entregas máis importantes. Conterá tamén modelos.
  3. As tarefas que se realizan na rede, lugar que haberá que abrir sempre que empreguemos a Aula de Informática. Cada alumna/o terá un usuario xa creado polo profesor.
  4. A conversa co profesor, que se abrirá -se se estima necesario- unicamente desde a casa. Cumprirá inserir un correo para poder recibir respostas posteriores (resolución de dúbidas e indicación de notas).

 


O espazo de traballo é externo e esixe identificación coas claves que achegará o profesor. Ollo, porque se non te identificas todo o que fagas quedará como anónimo.

Unha vez dentro, terás que introducir o código da aula para acceder ás tarefas e actividades interactivas.

Algunhas actividades poden ser corrixidas posteriormente polo profe, que tamén é posíbel que che envíe mensaxes, pero o alumnado non pode responder, só revisar o feito.


Evidentemente, os resultados de toda a aula quedan gravados e visíbeis para o profe (pero para ninguén máis).