Presentación inicial.

Achegaranse indicacións para o curso e contestaremos unha enquisa.


Se dá tempo, realizaremos a actividade Preguntas indiscretas.

1. Escolle dúas das seguintes cuestións e pensa (ou anota) a túa resposta.

2. Engade unha pregunta deste estilo (sempre respectuosa).

3. Intervén na cadea de preguntas e respostas.

 

Cal foi a túa última mentira?

Quen che gustaría que sentase ao teu lado nun transporte público e por que?

Que talento aínda che gustaría descubrir / que descubrisen en ti?

Que tres cousas hai que cambiar no mundo con urxencia?

Que tema te apaixona e poderías expoñer na clase?

Que aprecias máis das amizades?

Que defecto teu deploras máis e por que?

Onde e como desexarías vivir?