A frase ou sintagma (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Outubro 22, 2018

  • Contidos

     Reflexión sobre a lingua

  • Tarefa

     Identificación

  • Categoría

     2º ESO

(Tomado de galegonosarmiento)

Máis en esquema.

Guía de análise

Actividades

1. Todas as unidades destacadas en cursiva son frases ou sintagmas. Indica cal é a palabra central de cada unha e o tipo de frase.
Unha das accións máis simbólicas foi na praia Traba de Laxe, onde a rapazada, enfundada en plásticos multicores, formou a palabra ‘VIDA’, en contraposición a aquela de ‘MORTE’ escrita na area, sobre o chapapote, e tan difundida polos medios de comunicación. “Estamos aquí para que non volva ocorrer o do barco”, din. Diante, trazadas sobre a area, as palabras: Nunca Máis chapapote.

2. Escolle unha frase nominal, unha adxectiva, unha adverbial e outra preposicional no seguinte
texto.
Era a opción máis complicada, pero Javi sabía que estas cousas son posibles no deporte, polo
que nunca baixou os brazos e traballou arreo para prepararse para a Gran final de Londres.
O seu obxectivo estaba claro: gañar a proba e despois comprobar que fixeran os seus rivais.
E así, cumpriu coa súa parte nun espectacular final ao sprint con Jonathan Brownlee, mentres
que Alistair (o líder provisional) sufriu problemas físicos e afundiuse na carreira a pé.

3. Que implica o engadido dun “de” na análise desta frase?

4. Actividades interactivas (co código GBDRKP)