Sesión de historias para todos os públicos (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Xuño 3, 2019

  • Contidos

     Literatura

  • Tarefa

     Comprensión e expresión

  • Categoría

     2º ESO

Creación dun texto narrativo e dun convite para unha sesión de lectura.

Desenvolverase individualmente, cunha intervención final grupal. As actividades serán resoltas nos cadernos individuais. As correccións faranse fundamentalmente coa recollida das follas cando sexa pertinente.

Plan
1º. Relato escrito, relato audiovisual. Literatura e cine, p. 205: 1
2º. Lectura p. 12: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8
3º. O convite, p. 13: 3
4º. Os xéneros literarios, p. 45: 1 (+)
5º. Os subxéneros narrativos, p 105: 3, 4; 125: 1, 2; 145: 2, 3 (+) (+) (+)
6º. O relato policial, p. 93: 3 (previo: A coartada)
7º. A literatura electrónica, p. 65: 4 (con folio xiratorio)
8º. Mellora das composicións e lectura expresiva en gran grupo.




Litbaits de narrativa (títulos estilo clickbaiting -sensacionalismo das redes sociais-)

Da literatura universal: Rumano descobre un feito impactante sobre o allo; Mochileiro tivo a peor viaxe do mundo: foi atacado con excrementos polos nativos dunha illa.

Da literatura galega: Como é ter un colega literalmente nos ósos ollando o outro lado da existencia; Gravados ao lume: velaí como evitar o engano de quen pide axuda para captarte.

Da literatura hispana: O mellor truco para saber se os teus empregados che rouban (uvas); Todo o mundo o viu vir agás el.

Atréveste a facer algún así?



Relato colaborativo (en parellas, con folio xiratorio)

A. Elementos que empregaremos  [material de Fernando Martí]

PROTAGONISTA LOCALIZACIÓN ANTAGONISTA OBXECTO

B. Indicacións para narrar (teredes 5′ para cada indicación)

1º (Os vosos nomes, na parte de arriba do folio)

Nun parágrafo e cun narrador externo, presentade a persoa protagonista (investigadora) que saíu no dado: quen é, como se chama, onde está, que está a facer…

CAMBIO


Situade o/a protagonista no lugar dun delito ou crime (a localización que obtivemos): contade como chegou alí, que observa, por que se decide a -ou ten que- investigar, con que e/ou quen se atopa…

CAMBIO


En conversa con alguén próximo (daquela, sobre todo con diálogo), mostrade como o/a investigador/a vai reconstruíndo hipoteticamente -non está todo claro aínda- o que puido acontecer.

CAMBIO


En dous parágrafos, recollede un encontro co antagonista que saíu no dado, que será o presunto -só presunto- culpábel. O/A protagonista coñéceo de antes.

CAMBIO


Situade de novo a persoa que investiga no lugar dos feitos delitivos e narrade como dá cun obxecto clave (o que nos tocou ao inicio) no que antes non reparara. Reproducide o seu pensamento ao respecto. Ese obxecto pode supoñer un xiro na trama.

CAMBIO


Nun parágrafo, contade como o/a protagonista descobre algunha nova pista, mais que será “falsa”, non leva ao verdadeiro culpábel. (Agora ben, só vós, como narradores, sabedes que é falsa). Incorporade moita acción aquí.

CAMBIO


Con só diálogos (con alguén implicado), amosade como descobre a persoa investigadora o culpábel do delito. Será a resolución da historia (do misterio, do caso). Intentade sorprender sen forzar a lóxica dos feitos.

CAMBIO


Escribide ao inicio o título deste relato colectivo.

ENTREGA


Composición individual

Exemplo: Crime case perfecto