Cambios no 2º trimestre

Portfolio page

_________________

  • Data

     Xaneiro 5, 2019

  • Contidos

     Planificación

  • Tarefa

     Trimestre

  • Categoría

     1º ESO, 2º ESO

1. Desenvolvemento de secuencias compactas de produción continuada, esquematizadas nunha páxina que se entregará en fotocopia individualmente. (Exemplo de 2º ESO)

2. Composicións intermedias en folla de grupo que poderán empregarse nos exames (cos límites establecidos).

3. Elaboración dun diario de reflexión sobre o traballo grupal (en parellas ou en equipos). En folla que achegará o profe nos últimos minutos de cada sesión e recollerá. Revisión constante dos resultados.

4. Incremento do labor dixital, con novo sitio de traballo en liña (remexer.com/aps, xa ligado desde o menú deste blogue, en Tarefas). Con actividades ben variadas, acumulación de puntos, asignación de insignias, etc.


Proposta de actividade voluntaria.

– Proponse realizar, en calquera momento do trimestre, un vídeo para recomendar un produto cultural (non con fins comerciais), un feito, un espazo para visitar, un hábito, etc. A alumna/o aparecerá como emisor da recomendación.

– Terá unha duración mínima de 1 minuto (de discurso oral) e máxima de 5′.

– Entregarase a través do correo (dplingua) ou en usb (lapis de memoria).

– Criterios principais para avaliar a actividade:

• Coñece o tema escollido, comprende a información recadada e reelabóraa para que se entenda ben.
• Presenta as características do feito ou produto recomendado e xustifica os seus valores.
• Axusta o contido aos receptores e ao tempo dispoñíbel.
• Organiza o discurso, incluíndo unha introdución que adiante o que se vai presentar, diferentes partes iniciadas por marcadores textuais e mais un peche a modo de conclusión.
• Apréciase a elaboración dun guión previo.
• Articula os sons con claridade (vocaliza) e fala con fluidez, volume de voz e ton axeitados.
• Acompaña a intervención de posturas, xestos, miradas, etc. adecuados.
• Emprega unha linguaxe precisa e non repetitiva; se é informal, mantén a corrección.
• Emprega estratexias para manter a atención e para facilitarlles aos receptores a comprensión (aclaracións, exemplificacións…).
• O vídeo é áxil e ten boa factura (máis alá dos aspectos técnicos).

Modelos: