O texto argumentativo (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Maio 2, 2019

  • Contidos

     Tipos e xéneros

  • Tarefa

     Usos

  • Categoría

     2º ESO

Actividades iniciais

Interactivas 2

Exemplo

Cómpre considerar ao respecto:

1. Os argumentos de autoridade só serán válidos se a fonte:
– é cualificada: ben informada e recoñecida
– é independente: non provén dun grupo ou persoa vinculada ao poder ou con intereses no tema
– é procedente: debe ser unha autoridade no propio tema de discusión, e non noutro ámbito

2. En relación cos argumentos de causa-efecto, cómpre evitar erros como establecer relacións causa-efecto sobre casos illados ou coincidencias.

3. Os argumentos de analoxía poden facer fincapé nas semellanzas entre dous casos, pero tamén nas diferenzas. De calquera xeito, o caso usado na analoxía debe ter algunha similitude relevante.

4. Para que unha argumentación sexa correcta, os razoamentos deben estar suxeitos ás leis da lóxica argumentativa para evitar as falacias.


Actividades

1. Proba a identificar falacias (imaxes adaptadas de falacias.escepticos). NOTA: a maioría destas falacias teñen unha denominación en latín, que -aínda que é a máis empregada- non atendemos aquí.

A) Algúns argumentos falaces:

DE FALSA AUTORIDADE, DO HOME DE PALLA OU DE ATRIBUCIÓN DE FALSAS IDEAS, DA IGNORANCIA, DE FALSA INDUCIÓN, DE FALSA CAUSA, DO CONDICIONAL OU RUMOR, DE DESCUALIFICACIÓN OU ATAQUE PERSOAL, DA TRADICIÓN, DE APELO AO POBO OU DA MAIORÍA

B) Exemplos:

 


2. Es quen de inventar unha variante de falacia a partir do que ves nas redes? Por exemplo, falacia do youtube:


3. Libro de texto, p. 115: 1-5