Normalización lingüística (2° ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Outubro 18, 2018

  • Contidos

     Lingua e sociedade

  • Tarefa

     Reflexión

  • Categoría

     2º ESO

Vídeos en relación co Modelo Burela.


Actividades

1. Que entendes por normalización lingüística á vista dos seguintes feitos? Ten en conta que é un proceso social.

Unha lingua normalizada… Unha lingua non normalizada…
Emprégase amplamente en todos os ámbitos Ten vetos e dificultades para ser empregada en certos ámbitos no seu propio territorio
Os seus falantes úsana sen sentir condicionamentos sociais que leven a ocultala Os propios falantes poden entender que non é válida en determinadas circunstancias ou que non é suficientemente útil para ser transmitida ás seguintes xeracións
Non se adoita cuestionar o seu valor social As medidas de apoio poden dar lugar a reaccións de rexeitamento por parte dun sector social supremacista

2. Cal é a aposta do Modelo Burela, inspirado no universalismo políglota? Quen a protagoniza?

3. Que lle provocou ao profesor Domingo Ruiz unha actitude inicial negativa cara ao galego? Que lle axudou a modificala?

4. Que reflexión fai este profesor sobre o uso lingüístico no ensino? Estás de acordo con ela?

5. + Cuestións da p. 166