Exposición oral: estratexias (1º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Maio 2, 2019

  • Contidos

     Oralidade

  • Tarefa

     Estratexias

  • Categoría

     1º ESO

1º. Extraede das seguintes charlas TED subtitulados en galego as estratexias que se indican.

a. Para captar o interese. En relación con:

  • – o corpo (que movementos e xestos son os máis efectivos)
  • – a voz (como se usa o volume e a entoación)
  • – o humor (de que xeito se provoca o riso)
  • – a interacción co público (como se interpela ou se fai participar)

 

b. Para lle dar valor ao contido:

  • – como se crea curiosidade, intriga, nos oíntes
  • – cal é a idea fundamental que liga todo
  • – que datos científicos apoian esa idea
  • – que anécdotas ou exemplos reais se achegan


2º. Creade unha breve exposición sobre un tema acordado empregando cando menos dúas das estratexias antes apuntadas.

Velaquí un modelo.


3. Percibide o guión posíbel desta presentación do profesor Xacobo de Toro.

Solución


4. Valorade nos seguintes vídeos: a organización da información, claridade e fluidez oral, naturalidade e movemento corporal (se se aprecia), emprego de recursos para manter a atención, corrección lingüística. Puntuádeos.


5. Poñédelle voz, axustando a exposición, ao seguinte vídeo.