Orientacións para preparar o exame de setembro

Portfolio page

_________________

  • Data

     Xuño 26, 2019

  • Contidos

     Todos os contidos

  • Tarefa

     Probas

  • Categoría

     1º ESO, 2º ESO

Se es alumno/a de 1º ESO (A, B, D) ou de 2º ESO A e non superaches a materia en xuño, podes seguir estas indicacións para intentar aprobar o exame de setembro.

  1. Ten en conta que o exame parte dos contidos mínimos, publicados na páxina do IES (en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/83
  2. Se es de 1º ESO, revisa especialmente:
    • – a narración (incluídos os elementos narrativos), a poesía (tamén os recursos estilísticos e a análise métrica) e o xénero dramático,
    • – o léxico de todas as unidades traballadas,
    • – o substantivo, o adxectivo, os determinantes ou pronomes, o pronome persoal, o verbo e o adverbio,
    • – a acentuación e ortografía
    • – e as claves de lingua e sociedade (das linguas do mundo á normalización lingüística).
  3. Se es de 2º ESO, revisa especialmente:
    • – os subxéneros líricos, narrativos e dramáticos,
    • – as relacións semánticas: sinonimia, antonimia, polisemia, homonimia, campo semántico…
    • – o substantivo, o adxectivo, os determinantes, os pronomes e o verbo,
    • – a acentuación e ortografía
    • – e todos os contidos de lingua e sociedade.
  4. Emprega, para iso, o libro de texto e, se tes acceso, o sitio na rede deste curso (remexer.com/lingua), onde se mantén o cartafol cos materiais complementarios e, na Axenda (remexer.com/lingua/index.php/category/exames), os modelos de exame de todo o curso.
  5. Recoméndase tamén entrar en remexer.com/aps e en remexer.neolms.eu co usuario fornecido polo profe e practicar o que se precise (as unidades e cuestionarios relevantes -e só eses- estarán abertos ata setembro).