Estereotipo, prexuízo, rumor e discriminación (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Febreiro 11, 2019

  • Contidos

     Discurso social

  • Tarefa

     Comprensión textual

  • Categoría

     2º ESO

Estereotipo: crenza produto da xeneralización sobre un colectivo ou unha comunidade ao atribuír características dalgúns membros ao grupo ao que pertencen. Se ben poden axudar a comportarse ante situacións novas, simplifican a realidade e impiden xulgar de maneira axustada.

Prexuízo: actitude hostil cara a persoas que pertencen a determinado colectivo. Asócianse as crenzas dos estereotipos a sentimentos, emocións, inclinacións. Adquírense como certezas e, ante unha experiencia persoal que os contradiga, adóitase considerar que esta é unha excepción, no canto de cuestionar as ideas preconcibidas.

Rumor: declaración sobre persoas ou grupos que se difunde sen que se poida demostrar a veracidade. Estas falsidades, que acaban sendo cridas por moita xente, nacen e circulan porque se adecúan ás conviccións previas de quen as acepta. Así, os estereotipos e prexuízos son o seu substrato e os rumores á súa vez aliméntanos.

Discriminación: acción de intolerancia determinada polas actitudes prexuizosas. Diríxese xustamente aos grupos de poboación que se perciben de xeito homoxéneo e pode supoñer marxinación e exclusión social: dificultades para o acceso a bens, limitación de oportunidades no mercado laboral, etc. Pode dar pé a crimes de odio.

Exemplos. Cal é cal? (Inclúese tamén un argumento trampa)

“Dos miles de nenos chineses traballando para os seus pais en restaurantes e bazares, cantos van á escola? Pouquiños. Hai máis nenos chineses adoptados nas aulas que fillos de inmigrantes”.

“Nos centros de acollida de inmigrantes non collen máis que a metade dos que entran. Que facemos cos demais? Terán que irse ás casas dos das ONG”.

“Os currículos en galego, nin os leremos”.

“Os fieis desa relixión viven de axudas públicas, non traballan”.

“Danme noxo os gais”.


Formas de discriminación

• Discriminación contra persoas discapacitadas, física ou mentalmente.
• Discriminación por idade, especialmente con persoas de idade avanzada.
• Clasismo ou discriminación contra as personas debido á súa condición social ou económica
(diñeiro das familias, tipo de roupa…).
Homofobia, odio ás persoas que son ou que se cre que son homosexuais, baseado na idea de que a
homosexualidade está mal ou que todos debemos ser heterosexuais. LGTBQfobia.
Islamofobia: medo ou odio ás persoas que son ou son percibidas como musulmás ou de
descendencia árabe.
Racismo: discriminación contra as personas a causa das súas características físicas, tales
como cor de pel ou forma dos ollos.
Xenofobia: discriminación contra calquera que se perciba como estranxeira ou allea ao
propio grupo, nación ou cultura.
Sexismo: discriminación baseada no sexo.
• Discriminación por peso, especialmente contra persoas con sobrepeso e obesidade.


Conciencia crítica

 


Actividades

a) Libro de texto, p. 172: 2, 7, 8

b) Explica a relación de progresión entre estereotipo, prexuízo e discriminación.