Esquematización dun texto (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Outubro 2, 2018

  • Contidos

     Comprensión textual

  • Tarefa

     Aplicación de técnicas

  • Categoría

     2º ESO

O esquema é a representación gráfica das ideas dun texto. Esixe un subliñado previo e permite acceder aos contidos dun xeito organizado e rápido. Velaquí unha guía estupenda para aprender a facer esquemas ou mellorar as destrezas que implica.

As ideas principais recollen os contidos a partir dos que se articulan os parágrafos. As ideas secundarias conteñen información complementaria: amplían, demostran, exemplifican…

Un tipo de esquematización é o mapa conceptual, co que se representan os conceptos partindo do núcleo temático, empregando figuras xeométricas e inserindo palabras de enlace.

Practicaremos a elaboración dun esquema ou un mapa de ideas co texto “Auga con fronteiras”.