Diversidade lingüística (1º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Outubro 9, 2018

  • Contidos

     Lingua e sociedade

  • Tarefa

     Aplicación de técnicas

  • Categoría

     1º ESO

Un achegamento á diversidade lingüística no mundo.

Cal é a mensaxe de fondo desta videocreación?

Actividades

1. A partir do seguinte vídeo, completa o mapa conceptual (os cinco ocos).


2. A seguir, co que sabes sobre as linguas, copia e completa o seguinte texto:

Os diversos estudos sobre as linguas indican que no mundo se falan un pouco máis de 6.000 linguas. A distribución polos diferentes continentes é, non obstante, moi irregular.

As linguas africanas e mais asiáticas representan arredor do 32 por cento en cada continente, as do continente americano o 15 por cento e mais as do Pacífico un 18 por cento. O continente europeo acolle só o 3 por cento das linguas mundiais. A metade das linguas do mundo concéntrase en 8 estados: Papúa Nova Guinea (832), Indonesia (731), Nixeria (515), India (400), México (295), Camerún (286), Australia (268) e mais Brasil (234).

Malia o grande número de linguas existentes e mais a necesidade de as preservar, moi poucas gozan de boa saúde. […]


3. Despois de ver o Noticiario das linguas do mundo 2 e mais o 5, responde:

a) Que entendes por linguas indíxenas?

b) Que tendencia a favor da diversidade lingüística se está a producir no mundo? (En relación co apoio estatal, o ensino ou as tecnoloxías)

c) Pon o exemplo non galego máis próximo a nós xeograficamente.

d) Que indicadores amosan que unha lingua está en perigo?

e) Pode unha lingua morta recuperarse? Que cres que se precisa para iso?