A reclamación (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Maio 21, 2019

  • Categoría

     2º ESO


Estrutura sobre exemplo:


Exemplo real mellorado:


Un dos ámbitos nos que podemos reclamar é, por suposto, o dos dereitos lingüísticos. Entre eles está o respecto á toponimia auténtica e única legal.

En efecto, a única forma oficial dos topónimos (nomes de lugar) de Galicia é a propia, ou sexa a galega. Segundo a Lei de Normalización Lingüística (1983), “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”. Para saber sen dúbida cal é esa forma, en anos posteriores unha Comisión de Toponimia foi aprobando o nomenclátor de todo o país, que se pode consultar nesta páxina.

Alén diso, determinadas recomendacións internacionais, como por exemplo as das Conferencias das Nacións Unidas sobre a Normalización de Nomes Xeográficos, así como algunhas normas de ámbito estatal (Real decreto  polo que se regula o Sistema Cartográfico), apoian estas directrices en materia de toponimia.

Mais, a cuestión é que ao longo da historia de imposición do castelán en Galicia (a clase dirixente desde o século XVI pretendeu someter o galego) foron barbaramente castelanizados moitos topónimos: *Villagarcía de Arosa, *Puenteareas… E aínda hoxe institucións e empresas seguen incumprindo a lei.

Podes ampliar a información neste sitio.