A poesía: trazos (1º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Novembro 12, 2018

  • Contidos

     Educación literaria

  • Tarefa

     Identificación

  • Categoría

     1º ESO

Os textos poéticos, en Thinglink

 

 

Reflexión

Distingue poesía (de tipo narrativo) de narración (con estilo lírico) e de texto non literario. Cal é cal? (Todos son fragmentos de creacións de Manuel Rivas).

1.

E chegou o penalti a Nando. Eu vin homes curtidos poñerse de xeonllos e erguer as mans en pregaria. A utopía estaba a uns metros, dependía da punteira dunha bota. Aquel silencio que se fixo era o de séculos de espera. Toda a memoria dun pobo concentrada na traxectoria dunha bóla de coiro. E non entrou. O maldito destino saírase outra vez coa súa. E os foguetes que estouparon na noite coruñesa soaban a disparos de rabia contra o ceo.

2.

A miña nai,
boqueando despois de fregar as oficinas do Fénix Español,
puña as zapatillas,
sentaba no sofá,
suspiraba fondamente
e cambiaba á primeira cadea.
Anda, pasmón, sae algo á rúa e espabila.
E entón apareceu na pantalla o Empire State
e a miña vella exclamou con tenrura:
Pobre da que teña que fregar todo iso!

3.

O xigante tentou agabear a perna de Félix para derrubalo, pero escorregou polo nocello e, á desesperada, agarrou a bota, que se lle sacudiu nas mans como un peixe vivo. Liberado do cepo, cambaleando, Félix avanzou cara á meta. (…) Os postes e o largueiro de eucalipto, mal pintados, coa memoria reverdecida, formaban un arco de triunfo no horizonte. Deixara de chover. De entre as nubes, saíu o efecto especial dunha raiola que parecía enfocar o heroe. Xurdira a pirotecnia do arco iris (…)


Secuencia de promoción da creación poética

Actividades creativas

Interactiva

Propostas de creación voluntaria (imprime e entrega a folla cuberta).