A coherencia textual (2º ESO)

Portfolio page

_________________

  • Data

     Outubro 5, 2018

  • Contidos

     Texto

  • Tarefa

     Revisión de propiedades

  • Categoría

     2º ESO

Esta propiedade refírese á relación das ideas no texto, de xeito que este debe ter unidade temática e orde lóxica. Ou sexa: as ideas deben seguir un mesmo tema e facer que a información vaia medrando. De xeito esquemático:

A coherencia afecta, logo, á organización profunda do significado do texto. Realiza as seguintes actividades.

1. Relaciona erros frecuentes e exemplos.

Erros Exemplos
  • Contradición entre ideas

 

  • Falta de lóxica na relación co mundo representado

 

  • A información non é pertinente

 

  • Non se mantén o tema do texto

 

  • A información non avanza desde o coñecido ao descoñecido

 

  • A información non se presenta en orde 
– Danse datos de detalle sobre a vestimenta nunha crónica política

– O texto comeza con “Este uso dos móbiles na aula”

– Dise, a respecto dunha mañá normal de domingo: “As rúas estaban baleiras, aínda que fose moi cedo”

– Non hai introdución ningunha nun texto expositivo e achégase unha visión panorámica cara ao final

– Nun parágrafo reescríbense as ideas doutro anterior

– Nunha sala de leria mestúranse varias conversas e lémolas linealmente

– Afírmase a necesidade de abolir a pena de morte e indícase que os criminais non merecen vivir

2. Fíxate nos erros destes parágrafos e mellora a súa redacción.

A axenda é un caderno que serve como calendario e bloc de notas. Ten as páxinas distribuídas por días e, nalgúns casos, por horas. No colexio póñennos moitas tarefas.

O fenómeno da comunicación nace no momento en que a humanidade comeza a desenvolverse en sociedade. Os membros dunha sociedade determinada non teñen a necesidade de transmitir coñecementos.

3. Algunhas das seguintes secuencias son aceptábeis e outras non. Indica por que.

  • – Tes hora? – Acabo de mercar uns zapatos.
  • – Tes fame? – Acabo de comer un bocata.
  • – Estasme oíndo? – Xa vou.
  • A rapaza tiña unha ampla familia, un abrigo longo e o sarampelo.
  • A rapaza tivera conxuntivite, un brazo roto e o sarampelo.