Lecturas

1º ESO

1º A e 1º D: 1º trimestre. 1º B: 3º trimestre

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Cartas de inverno. Ed. Xerais [Podes ler aquí un fragmento]

DOCAMPO, Xabier. O misterio das badaladas. Ed.. Xerais [Lectura na rede]

MARÍA SOLAR: As meigas de Lupa. Xerais [A autora le un fragmento aquí]

1º A e 1º D: 2º trimestre. 1º B: 1º trimestre

COSTAS, Ledicia. A Señorita Bubble. Ed. Xerais [Lectura dun fragmento por parte da autora]

JENNINGS, Paul. Vaiche boa! Ed. Galaxia [Un anaquiño]

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Lúa do Senegal. Ed. Xerais [Recomendación e lectura desde o IES da Pobra]

1º A e 1º D: 3º trimestre. 1º B: 2º trimestre

NÚÑEZ SINGALA, M. O achado do castro. Ed.Sotelo Blanco

PÉREZ IGLESIAS, David: Todo o tempo do mundo. Xerais

CARREIRO, Pepe. Os Barbanzóns. Ed. Toxosoutos.


2º ESO

1º trimestre

MACEIRAS, Andrea. Nubes de evolución. Ed.Xerais [A autora le un fragmento]

Ledicia COSTAS: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Xerais [Reseña con fragmentos e mais Entrevista á autora]

ALEIXANDRE, M. A expedición do Pacífico. Ed. Xerais [Presentación con algún fragmento]

2º trimestre

CAJARAVILLE, Héctor. Denébola a Roxa. Baía Edicións

DE TORO, Suso. A sombra cazadora. Xerais

LOURENZO GONZÁLEZ, M. Irmán do vento. Ed. Xerais

3º trimestre

ALEIXANDRE, M. A banda sen futuro. Ed. Xerais

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Noite de voraces sombras. Ed. Xerais

ALONSO, Fran. Cartas de amor. Ed. Xerais



AVALIACIÓN

1.

Primeira posibilidade de avaliación: tertulia

Tras ler o libro, cómpre preparar a tertulia do seguinte xeito:

– Escolla persoal dun fragmento da obra. Serán algunhas liñas (mínimo dez, máximo trinta -é dicir, sobre unha páxina) significativas porque che gusta como están escritas, porque che comunican algo especial, porque rompen co que agardabas ou por algunha razón semellante.

– Confección dun pequeno guión de comentario, absolutamente persoal e argumentado, dese fragmento: quen intervén, en que tempo da historia se desenvolve, que importancia ten na evolución dos feitos, que claves interpretativas nos ofrece.

– Escrita dunhas notas valorativas sobre o libro sustentadas en datos: que interese ten para ti a temática (especificando algúns temas), gustouche ou non e por que razóns, que cousas non consegues entender ben ou non che cadran e explicación posíbel.

O guión e as notas terán que entregárselle ao profesor.

As tertulias realizaranse en pequenos grupos. Serán na aula, durante un recreo do día que se acorde co profe.

Para participar con éxito nela, cumprirá:

[] Ser puntual á cita acordada. Unha vez marcado un recreo, teremos que preocuparnos por ir directamente ao sitio, pois é como unha hora de exame.

[] Comentar con axilidade o fragmento escollido.

[] Intervir ao fío do que comenten os demais ou respondendo as cuestións que se realicen.

[] Entregar ao final da tertulia o guión e as notas valorativas.

2.

Segunda posibilidade de avaliación: anotacións

Terás que escribir tres intervencións do xeito que se indica a continuación. Entregarasllas en man ao profe ou enviarasllas en tempo ao seu correo.
Se o teu é un libro de relatos, no segundo comentario centraraste en tres deles.
Evidentemente, canto máis persoais sexan as anotacións que fagas, mellor. Emprega, ademais, ferramentas que che permitan mellorar a corrección do escrito (consulta o fondo da nosa páxina de recursos).
.

Primeiro comentario sobre a lectura

Cando xa teñas escollido o libro e acabes de comezalo, recollerás nunha anotación, redactando:

– a súa presentación (autor, título, editorial, contraportada, resumo ofrecido na páxina web da editorial);

– as razóns da escolla (por que o les: recomendároncho, sentícheste atraído/a por algunha característica del, coñeces o autor/a…);

– o que xa coñeces do libro e mais como esperas que sexa a lectura, que expectativas tes.

Segundo comentario.
Cando teñas a lectura bastante avanzada, escribirás -con claridade, organizando as partes- sobre estes aspectos:

– Como é e como se comporta o personaxe secundario co que máis (ou menos) te identificas, así como a relación que mantén cos principais. Reproduce algúns fragmentos que apoien o que digas.

– A temática do libro: que ideas che está transmitindo ou que problemas presenta, como se mantén o interese e cal cres que será o final.

– Algunha característica da forma de escribir que che chame a atención. Como:

– o punto de vista de quen narra, a maneira que ten o narrador de ver as cousas (con humor, con medo, con alegría, con obxectividade… );
– a existencia de diferentes narradores;
– o xeito de presentar os feitos no tempo (rompendo a orde cronolóxica);
– o modo de falar do narrador ou dalgún personaxe.

Terceiro comentario.
Cando remates o libro, dirasnos noutro comentario ben estruturado:

– o que che pareceucomo te sentiches durante a lectura e ao rematalo;

– que reflexións ou sentimentos espertou en ti;

– se o recomendarías ou non, a que tipo de lector cres que lle gustará e por que.

– algún título do mesmo autor/a que, segundo o título ou as reseñas vistas, podería ser interesante ler.