Avaliación

Instrumentos e criterios de cualificación

a) Notas das probas obxectivas: 70% do total. Inclúense exames (dous por trimestre) e producións entregadas como traballo e/ou expostas na aula.
b) Nota por libros de lectura: 10%. Realizarase unha lectura por trimestre. Avaliarase a través de propostas de traballo, diario de lectura ou tertulia. A maiores, é posíbel obter ata 1 punto coa lectura voluntaria de libros recomendados (0’5 cada).
c) Notas de actitude: 10%. Valorarase a constancia, o esforzo, o respecto, a participación e o interese.
d) Nota de usos orais: 10%. Terase en conta a práctica habitual, desprexuizada e en progresión do galego, así como a calidade da lingua oral.

Máis:

  • Poderase sumar á nota final do curso ata 1 punto pola participación en actividades ou proxectos relacionados coa dinamización lingüística e/ou clubs de lectura (ata 0,2-0,5 puntos por actividade).
  • Nas producións escritas poderase descontar ata 1’5 puntos por deficiencias na expresión e presentación.
  • Cada falta de asistencia inxustificada suporá unha penalización de 0,1 puntos, dentro do 10% de participación activa e traballo na aula.