Materiais e propostas
de Lingua e literatura

Actualmente en AV 1º ESO e AV 4º ESO

De Comunicación oral e escrita

Interactivas enfocadas ao traballo de tipos e xéneros textuais

Actividades de Reflexión sobre a lingua

Interactivas centradas nos usos lingüísticos

Actividades de Lingua e sociedade

Interactivas sobre sociolingüística

Actividades de Literatura

Interactivas de educación literaria

Secuencias de tarefas

En PDF


Son profesor de Lingua galega e literatura no IES do Milladoiro.
Tras un ano de asesor no Servizo de Formación do profesorado (curso 2007-08), con participación na elaboración do currículo LOE, iniciei a aposta polo intercambio na rede e pola innovación na materia de lingua. Tamén fun docente de cursos e obradoiros de formación do profesorado sobre o emprego didáctico das TIC, como “Internet como recurso na área de lingua galega: propostas de construción de secuencias didácticas na rede” (CFR da Coruña) ou “Elaboración de contidos educativos online” (CIG-Ensino). Así mesmo, partillei experiencias didácticas en diversos encontros (como as Xornadas de Lingua e literatura) e na bitácora Remexer Na Lingua (2007-14).
No ámbito da investigación, realicei a memoria de licenciatura sobre Alfonso Pexegueiro, que pode lerse comprimida en A liberdade da linguaxe exiliada 1 e 2. Posteriormente, faríame cargo do prólogo e da edición de Seraogna. Tamén son coautor do Dicionario da literatura galega, I, Autores, de Galaxia, e de Comentarios de textos populares e de masas, edición de Claudio Rodríguez Fer, en Xerais.

A práctica totalidade dos contidos e actividades dos distintos espazos Remexer foron pechados ao seren infectados por malware. Recollo nesta páxina e en servidor distinto os materiais non construídos con Wordpress e que me foi posíbel recuperar, aínda que unha parte non sexa moi "amigábel".
Seguen abertos, iso si, proxectos externos como Na vea cívica (con Sofía Rama) ou Linguas 1º ESO (con compañeir@s da Pobra do Caramiñal).