Proposta de secuenciación

Orixe da imaxe

1. PLE / LMS

Na abordaxe do que se entende hoxe por aula virtual, é imprescindíbel tratar as distintas posibilidades dos Ambientes Persoais de Aprendizaxe (PLE, baseados na web 2.0) fronte os Sistemas Virtuais de Aprendizaxe (LMS; tipo Moodle, para entendernos). As implicacións pedagóxicas desa diferenciación e as ferramentas asociadas trátanse no Marco de traballo.

2. DIFERENTES CONTORNOS

Proponse traballar os catro grandes Contornos (non excluíntes, pero si suficiente cada un deles) para a creación e xestión dunha aula virtual. Son os blogues (WordPress e as ferramentas asociadas), as redes sociais (Wall, Elgg…, coas ferramentas integradas), as aulas en plataformas da web (Edmodo, Yammer…) e os sistemas de aprendizaxe instalábeis (Moodle, Chamilo…).

Aproximarémonos ás súas características, veremos algúns usos educativos e faremos prácticas básicas. Ao mesmo tempo, iremos construíndo un portafolio ou portfolio dixital que recolla a nosa experiencia.

3. CONCRECIÓN

Co coñecemento das posibilidades de cada ferramenta, teremos que escoller unha para comezar a confeccionar un Proxecto de aula virtual e completar asemade o noso portfolio como Ambiente persoal de aprendizaxe.