En grupos, con reparto das fontes de información. Desenvólvese na aula, cubrindo o cadro correspondente.
Duración aproximada.
Unha sesión.
Recursos e materiais.
- Esquema-resumo da etapa literaria correspondente.
- Libro de texto.
- Propostas de vídeo sobre o/a autor/a.
Criterios de avaliación
- Recolle datos significativos sobre a persoa que dá nome á rúa do grupo.
- Planifica a achega de medios (imaxe e/ou vídeo).
ACTIVIDADE |
CONTIDOS para manexar |
PRODUCIÓN |
2. Procura e selección de información sobre o/a autor/a dunha das rúas. |
Etapa literaria determinada. |
Ficha do/a autor/a |
Recollemos agora os datos sobre o/a autor/a que logo necesitaremos para presentalo: etapa, xeración, trazos da obra e publicacións. Tamén planificamos o engadido de elementos audiovisuais que poidan enriquecer a presentación.
Débese evitar a mera acumulación de datos e a simple reprodución das fontes. Débese redactar, logo, de xeito persoal.
Á hora de escoller un vídeo, xustificaremos a elección.
Velaquí un modelo:
Autor/a: Manuel Antonio |
||
Etapa na que publica | Etapa Nós, Poesía das vangardas. | |
Xeración á que pertence e características | Manuel Antonio é o máximo representante da xeración vangardista ou do 25, con escritores nados arredor do cambio de século. Son creadores que están ao tanto do que sucede en Europa e amosan, en diferente, grao, vontade de renovación e ruptura. Danse a coñecer a través do manifesto Máis alá! e de revistas como Alfar ou Ronsel. En todo caso, fronte a outras vangardas, limitan pero non eliminan o sentimento e non cuestionan o proxecto galeguista interxeracional. Non pretenden, ademais, ser miméticos, senón facer unha vangarda persoal e propia; o mellor exemplo é o propio Manuel Antonio, que acada un orixinal sincretismo. | |
Características xerais da súa escrita | Inscríbese dentro da liña simbolista-creacionista. Caracterízase pola recorrencia a símbolos novos -do ámbito mariño-, o emprego da imaxe múltiple ou as disposicións gráficas suxestivas.En De catro a catro advírtense múltiples orixinalidades, desde unha temática con visión subxectiva existencial do mar, ata o uso de tecnicismos. O conxunto constitúe unha travesía polo mar que devén un proceso de coñecemento cósmico e existencial.
Manuel Antonio é consciente da personalidade propia de Galicia e do seu sistema literario, pero o seu compromiso tradúcese, non nunha escrita didáctica, senón na esixencia de elaboración de textos de indubidábel calidade, vangardistas, e na aposta polo monolingüismo literario (é o primeiro escritor galego que escribiu só en galego). |
|
Obras máis importantes e ano de publicación | De catro a catro (1928) é o cume da súa produción. Os demais poemarios (Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois) son menos audaces e non foron publicados ata 1972. | |
Planificación da achega de elementos audiovisuaisna súa presentación | - Imaxe de Manuel Antonio ou da portada de De catro a catro.- Vídeo da interpretación de Sés do tema “De catro a catro” (en http://www.youtube.com/watch?v=dpmICqROps0 ), pois supón unha homenaxe a través dunha canción baseada nas suxestións que provoca o libro. |
Os documentos de apoio:
- Información sobre Castelao, Dieste, Seoane, María Mariño, Luz Pozo, Manuel María, Avilés de Taramancos.
- Vídeos recomendados.
MÁIS ACTIVIDADES