Para compoñer un texto expositivo

Para compoñer un texto expositivo

Unha guía para a escrita de textos expositivosUnha exposición dá a coñecer información con obxectividade a través dunha linguaxe clara e precisa., tendo en conta que haberá que atender tamén os trazos do xénero textual concreto (conferencia, traballo académico…).

Preme nas pestanas, le atentamente -accedendo tamén ás ligazóns- e elabora o que se indica.

Proceso

Contextualiza a túa composición.

Ten claro:

Obtén información.

1. Procura fontes de documentación se é preciso, le comprensivamente os textos e selecciona o relevante.

2. Extrae as ideas e datos de interese: subliña, marca, anota, resume.

Organiza a información.

1. Fai un esquema cos anteriores contidos seguindo a estrutura encadrada (introdución, desenvolvemento, conclusión).

2. Nese mesmo esquema, organiza o desenvolvemento da información segundo o patrón e a orde máis adecuados.

Redacta a exposición (borrador).

- Reelabora a información empregando unha expresión o máis persoal posíbel pero tamén precisa.

- Emprega procedementos explicativos.

- Emprega unha linguaxe precisa, con vocabulario específico. Evita información vaga, confusa ou inconexa.

- Inclúe marcadores e conectores que amosen a orde na que se organiza a información.

Revisa o escrito.

1. Comproba a orde e claridade das ideas, a coherencia, o rexistro, a división en parágrafos conectados.

2. Revisa a corrección lingüística.

3. Redacta a versión final, incluíndo un título axeitado, creando apartados se é preciso e citando ao final as fontes.

Criterios de avaliación

  1. Emprega algún procedemento para seleccionar información (resumo, mapa de ideas…).
  2. A redacción parte dun esquema para estruturar o contido.
  3. Mantén a obxectividade e un rexistro suficientemente formal.
  4. Emprega un léxico preciso e correcto.
  5. Evita tópicos, lugares comúns, información non necesaria.
  6. Mantén o referente sen repeticións innecesarias.
  7. Elabora descricións, contrasta ou expresa as relacións causais.
  8. Usa procedementos explicativos e distingue as ideas dos exemplos, comparacións ou citas.
  9. Emprega fluidamente marcadores e conectores (e, no seu caso, organizadores).
  10. Constrúe parágrafos ben cohesionados, con avance da información e boa puntuación.
  11. Destaca o título e compón axeitadamente cada parte. O título é axustado e obxectivo.
  12. A información progresa sen contradicións e compréndese o sentido global.
  13. Hai suficiente calidade ortográfica e gramatical.