Actividade final: Exposición oral

A exposición oral constitúe a actividade final do noso proxecto. Todo o grupo, con intervencións máis ou menos equilibradas, presentará o seu labor específico seguindo este guión:

  • Introdución: dáse a coñecer o tema traballado e dise como se vai presentar.

  • Desenvolvemento: explícanse os contidos conectando as ideas.

    • Presentación da rúa

    • Presentación do/a autor/a dentro da súa xeración

    • Presentación das obras e as súas características

    • Presentación do vídeo inserido

    • Presentación do poema recitado / relato interpretado + Audición

  • Conclusión: faise unha síntese e/ou valoración de peche.

Os aspectos que hai que coidar recóllense no cadro de abaixo. Con eses criterios será avaliado cada grupo, por parte do profesor e por parte dos demais. Cada un avaliará o grupo seguinte ao seu, agás o grupo 5, que avaliará ao nº 1.

MÁIS ACTIVIDADES