Actividade 6: Un percorrido ilustrado

Procedemento e modo de traballo.

En grupos, na rede.

Duración aproximada.

Dúas sesións.

Recursos e materiais.

  • Pautas para a edición en Tripline.
  • Análise da oración composta.

Criterios de avaliación

- Manexa a ferramenta dixital compartida para compoñer o mapa.

- Axusta o texto explicativo e redacta adecuadamente.

- Achega elementos multimedia pertinentes.

- Reflexiona sobre as características sintácticas do escrito para melloralo.

ACTIVIDADE

CONTIDOS para manexar

PRODUCIÓN

6. Composición e presentación da ruta literaria na web.

A oración composta.

Mapa ilustrado (texto, imaxe e vídeo).

Trasladaremos agora a un espazo dixital, coas adaptacións necesarias, o material que fomos elaborando.

Cada grupo creará unha única conta en Tripline . Inmediatamente despois, o profesor enviará un convite para o espazo que comparte toda a aula, de xeito que cada unha das rúas poderá formar parte dun único percorrido.

Unha vez dentro do mapa, iranse engadindo os datos sobre o/a autor/a, a súa xeración e a súa obra, o vídeo ilustrativo, o recitado -que debe estar xa aloxado na rede- e mais a descrición mínima da rúa. Coidaremos a redacción, tendo en conta que se presenta a información a posíbeis receptores sen coñecemento ningún ao respecto. E, como non temos editor para darlle formato ao texto, faremos tres apartados co título en maiúscula:

  • O/A AUTOR/A E A SÚA XERACIÓN
  • A OBRA
  • A RÚA

Dentro da obra achegaremos o vídeo escollido e pegaremos a URL (activarase automaticamente). Ademais, amosaremos o texto que preparamos, gravamos e aloxamos previamente, pegando tamén a súa URL. O aloxamento pode facerse en Audiopal sen sequera realizar rexistro (si hai que achegar correo). Situaremos tamén unha imaxe da rúa e outra do/a autor/a, cando menos.

Tecnicamente, o espazo non debe presentar ningún problema. Só hai que ter conta de non suprimir a rúa premendo na icona de eliminación.

E salvar o texto cando sexa preciso (sempre poderemos reeditalo):

A seguir, un modelo de composición:

Por último, realizamos individualmente a seguinte actividade de revisión sintáctica para reflexionar sobre a nosa escrita e mellorala. Despois diso, xa teremos preparado o material para realizar a presentación oral da actividade final.

A actividade en pdf.

MÁIS ACTIVIDADES