Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso
Actividade 4: De paso

Actividade 4: De paso

Procedemento e modo de traballo.

Elaborarase a descrición individualmente para poñela en común cando corresponda montar a presentación.

Duración aproximada.

Realizarase na casa, co tempo que se precise.

Recursos e materiais.

Plano e imaxes da rúa.

Criterios de avaliación

- Describe aspectos globais da rúa asignada.

ACTIVIDADE

CONTIDOS para manexar

PRODUCIÓN

4. Presentación da rúa.

 (A descrición)

Recomendacións.

Imos achegar tamén unha pequena presentación do espazo físico da rúa que lle permita a calquera situarse.

A descrición será xeral e obxectiva. Non se trata de facer unha descrición exhaustiva dos elementos que conforman a rúa (para iso xa temos as imaxes), polo que non é necesario pregarse a unha orde e só terán que incluírse marcadores espaciais (do tipo: no centro, á esquerda…) no caso de que haxa marcas ou construcións de especial interese.

Incluirase ao comezo a situación da rúa no entramado urbano, facendo referencia á zona (antiga/nova, norte/sur, interior/beiramar) ou barrio no que se asenta e ás rúas principais próximas (paralela a, entre a rúa X e a Z, desemboca en…).

A seguir, indicarase as condicións nas que está, tanto as casas ou edificios (baixos, de mediana altura, pequenos, recentes, históricos…) como o mobiliario urbano, pavimentos e beirarrúas e, en xeral, o contorno (coidado, descoidado, tranquilo, ruidoso…). Citaranse, se os houber, os edificios singulares, tales como colexios, mercado, biblioteca, casa señorial…

Por último, comentarase os usos dos edificios (presenza de comercios, talleres, espazos públicos…) e, se se dá o caso, a realización de eventos na rúa (mercado, festas, marcha nocturna…).

Podes revisar aquí o  plano, as imaxes (se deixas o cursor sobre unha foto, aparecerá o nome da rúa) e mais o seguinte exemplo.

Breve descrición da rúa

Situación e importancia na vila, condicións nas que está, edificios singulares, eventos que se realizan nela. A rúa Manuel Antonio está situada na zona histórica do Caramiñal, no que queda do casco antigo. Trátase dunha rúa cativa, transversal á da Paz que cruza toda a vila e mais á rúa Extremo, moi preto dos céntricos Xardíns e Praza de Valle Inclán.

Ao ser unha ruela peonil, non conta con beiras nin mobiliario urbano, só cun tarro con arbusto a xeito de decoración na entrada desde Paz, mais está relativamente coidada, co chan enlousado. Os edificios son baixos, de un ou dous andares, pero non uniformes nin históricos (en todo caso, con engadidos), e empréganse como vivendas.

Na confluencia coa rúa Extremo atópase unha das tascas máis coñecidas, o Kunkas, o que contribúe a animar a zona.

 

Aquí a actividade en pdf.

MÁIS ACTIVIDADES