Actividade 3: Unha voz para a rúa

Actividade 3: Unha voz para a rúa

Procedemento e modo de traballo.

En grupos, escolla e preparación dun texto do/a autor/a, na biblioteca. Gravación (audio ou vídeo) posterior.

Duración aproximada.

Unha sesión no centro con labor posterior na casa.

Recursos e materiais.

  • Folla de control para a lectura expresiva e a gravación.
  • Escolma de recursos estilísticos.

Criterios de avaliación

- Consensúa e presenta as características dun texto do/a autor/a.

- Marca no texto escollido pausas, énfases, ton e modo de lectura.

- Realiza e grava unha lectura expresiva.

ACTIVIDADE

CONTIDOS para manexar

PRODUCIÓN

3. Escolla dun texto, presentación e lectura expresiva.

Comprensión de pezas literarias.

Gravación da presentación e lectura expresiva.

Toca agora poñerlle voz a un texto do/a autor/a para amosar interpretativamente a súa escrita. Para iso, antes de nada accedemos á súa obra na biblioteca e, tras unha lectura superficial, escollemos unha peza: un poema, un conto, un capítulo non moi extenso.

A seguir, lemos con atención o texto para comprendelo ben, pois a entoación, o volume e o ritmo deben axustarse ao que quere comunicar.

Recollemos, entón, as características do texto no cadro correspondente. O tema debe enunciarse nunha frase breve e iniciada por ‘artigo + substantivo abstracto’ (tipo: A presenza de…).

Daquela xa podemos preparar a peza para a posterior lectura expresiva. Sinalamos as pausas fundamentais e algunhas palabras clave nas que poremos énfase ao ler. Indicamos o ton máis acaído e mais o modo no que o grupo realizará a lectura.

En todo o proceso, atenderemos as indicacións da folla de control.

Un modelo:


Apoios:

Escolma de recursos literarios.

Folla de control.

A actividade en pdf

MÁIS ACTIVIDADES