Tres en un

Desenvolveremos o proxecto do trimestre, co obxectivo de elaborar o xénero textual acordado na aula, a través de cinco actividades:

  1. Achegamento aos marcadores sociais e valoración.
  2. Fichaxe de fontes que sexan útiles para compoñer o texto.
  3. Extracción das características do xénero que pretendemos construír e elaboración dun guión.
  4. Redacción do borrador e revisión.
  5. Publicación do texto do grupo.

En 4ºA1 elaboraremos un tríptico sobre as potencialidades das redes sociais no ensino. En 4ºA2, anotacións de blogue sobre lugares recomendados para visitar. E en 4ºB, textos xornalísticos mixtos e de opinión. Por iso, á hora de ofrecer as indicacións sobre o traballo, haberá partes específicas que se distinguirán xa inicialmente pola cor:

  • en laranxa para 4ºA1
  • en verde para 4ºA2
  • en azul para 4ºB

Os criterios de avaliación que se propoñen son os seguintes. Cada un deles contará un punto, segundo o grao de realización e o nivel de axuste.

  • Explora diferentes espazos de marcadores sociais e avalíaos razoadamente.
  • Compón un comentario valorativo no que xustifique a escolla dunha aplicación de marcadores sociais.
  • Manexa a aplicación web atendendo as indicacións e apoios.
  • Procura, escolma adecuadamente e ficha sitios ou documentos (dous como mínimo) útiles para a planificación do texto.
  • Etiqueta axeitadamente e con suficiente amplitude os espazos rexistrados no marcador social.
  • Extrae as características máis relevantes do xénero que vai producir a partir dos exemplos dados ou localizados.
  • Participa no deseño colaborativo do borrador do texto.
  • Escribe o texto de acordo coas notas do borrador e mellórao seguindo as suxestións.
  • Publica o texto co formato adecuado.
  • Colabora co grupo e ten interese por facer avanzar o labor para rematar en prazo.

Comezamos na actividade 1.

,

4 Respostas en “Tres en un”

  1. Hugo Fernández Cobas Abril 24, 2013 en 10:01 p.m. # Responder

    Profe, xa fun capaz de publicar o texto, aínda que fora dous dias despois do prazo de entrega…

  2. Xano Abril 25, 2013 en 12:06 a.m. # Responder

    De acordo, Hugo (+ Diego e Pablo). Ben sabedes cales son as condicións. Xa volo entrego revisado.

Trackbacks/Pingbacks

  1. A información en clips | Remexer Na Lingua - Marzo 14, 2013

    [...] no proxectiño deste trimestre en 4º a mellorar a selección, clasificación e tratamento da información co fin de elaborar un xénero [...]

  2. A información en clips – Remexer Na Lingua - Setembro 28, 2013

    [...] no proxectiño deste trimestre en 4º a mellorar a selección, clasificación e tratamento da información co fin de elaborar un xénero [...]

Deixa unha resposta