TV sen fronteiras

Na segunda tarefa imos crear unha suxestión/queixa/reclamación en relación co medio televisivo.
Os contidos que se abordan son:

  • A reclamación, con indución e recolleita das súas características.
  • A estrutura discursiva, compoñendo de xeito colaborativo (folio xiratorio) un texto de opinión a partir dun esquema textual dado.
  • As linguas da península e a lusofonía, con avaliación da proxección nos media de grupos de música das diferentes linguas peninsulares.

Realizaremos tamén unha serie de actividades interactivas antes de realizar a produción final.

Partimos desta reportaxe da RTP:

E escoitaremos estas pezas como mostra da música peninsular:

Moita máis música en GZmúsica, Lista PopRock PortuguésViasona (en catalá) e ibaimusic (en euskera). E mais unha escolma propia de música en galego.

, , ,

Trackbacks/Pingbacks

  1. Unha suxestión – Remexer Na Lingua - Setembro 28, 2013

    [...] a segunda secuencia deste trimestre en 4º, nun principio titulada TV sen fronteiras, pero que tras a súa adaptación debería titularse en todo caso Música sen fronteiras. E é que [...]

Deixa unha resposta