Vicente Risco

[Modelo de produción da Tarefa Fotobiobibliografía]

Dentro do grupo Nós, Risco figura como un dos grandes narradores, a pesar de que a súa obra non sexa moi extensa. Mais tamén é un escritor de contrastes:

  • mozo snob que se converterá no teórico do nacionalismo nos anos 20, para rematar abrazando o franquismo que fusilou e reprimiu compañeiros seus;
  • renovador da narrativa ao tempo que autor de glosas da literatura popular;
  • azoute da burguesía, mais tamén das loitas sociais, para defender a sociedade tradicional.

Presentámosvos a seguir as obras principais deste -cando menos controvertido- literato, acompañadas de imaxes que as sitúan na súa traxectoria vital, de xeito que poidamos visualizar minimamente o seu contexto.


Un Vicente Risco aínda novo, na súa etapa de formación, elitista e sen conciencia de país. O gusto polo exotismo e o esoterismo deste período reflectirase no seu primeiro relato, Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919). A evolución cara ao galeguismo de todo o cenáculo ourensán (Risco, Otero, Cuevillas) recolleraa no ensaio Nós, os inadaptados (1933).

En 1928, xa con 44 anos, publica a súa obra máis importante: O porco de pé. Considérase a primeira novela moderna da literatura galega e constitúe unha implacábel sátira do ascenso social da burguesía.


A postura ideolóxica de Risco, mesmo dentro do galeguismo (na imaxe, a constitución do PG, en 1931), é moi conservadora. Literariamente, apréciase sobre todo no ensaio Mittleuropa (1934), serie de crónicas da viaxe por Europa que realizou a comezos da década dos 30.

Risco nun acto do Seminario de Estudos Galegos en Lalín en 1934. Dentro do Seminario, dirixiu a sección de etnografía. E base etnográfica teñen narracións súas como O lobo da xente (1923) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925).

Orixe das imaxes: Wikipedia e culturagalega.org

GUÍA DA ESCRITA

  1. Revísanse e anótanse todas as obras importantes do autor escollido ou asignado.
  2. Escóllense como mínimo catro imaxes que se poidan relacionar, por data de publicación e/ou polo contido, coas distintas obras. Indícase con precisión a fonte de cada imaxe (se é dunha publicación, coa páxina correspondente).
  3. Redáctase un pé de imaxe expositivo para cada unha, dunhas 3-6 liñas, no que se explique esa relación, citando adecuadamente as obras.
  4. Redáctase, con especial claridade e incluíndo algunha marca de modalización, un parágrafo de presentación do autor, atendendo especialmente ao valor da súa produción literaria.
  5. Redáctase outro parágrafo sobre o conxunto das imaxes (contido do álbum, intención), con algunha apelación aos destinatarios.
  6. Engádense a categoría e as etiquetas que clasifiquen o contido da anotación.

No blogue:

,

Trackbacks/Pingbacks

  1. Minisecuencias | Remexer Na Lingua - Setembro 28, 2013

    [...] Os apoios primeiros e [...]

Deixa unha resposta

PHP Warning: Creating default object from empty value in H:\webspace\hostings\remexer.com\hosting\www\cuarto\wp-content\themes\swatch\functions\admin-hooks.php on line 160