Unha contribución á web 2.0 no ensino

 



Que é isto?

Que se pode facer?

Como crear contido?

Un sitio aberto ao profesorado e alumnado para compoñer presentacións en galego con materiais xa aloxados na rede.

Combina Wordpress, FckEditor e LightView para posibilitar a creación doada, sen manexo de código, de páxinas con multimedia incrustada e miniaturizada, que se abre no propio espazo.

hai que se rexistrar (abaixo) e seguir as indicacións enviadas ao correo para poder comezar a crear artigos.

  • Murais que combinen imaxes, vídeos, audios, animacións e/ou documentos nunha única páxina.
  • Galerías de imaxes con reprodución tipo slide.
  • Artigos con ligazóns emerxentes.

Pode ser útil para facer mapas de contidos ou creacións hipertextuais claras.

Unha vez rexistrados, accedemos para crear un novo artigo.

Toda ligazón nun texto ou imaxe inserida co atributo lightview funcionará no modo emerxente. Teñen que remitir aos arquivos (imaxes .jpg, .png, .gif…, animacións .swf, vídeos .flv, .mov, etc.) ou aos reprodutores na web para que abran ao xeito. Iso faise tal como recollen as imaxes de abaixo.

Ao rematar a edición, convén etiquetar (poñer tags) antes de publicar.

Tomando a url, teremos a nosa propia presentación. Velaquí un exemplo.

 


URLs válidas

para as ligazóns

Ligazóns sobre texto

ou imaxes coa clase

"lightview"

.... Para crear unha galería, hai que engadir no código de cada unha das ligazóns  rel="gallery[nome]", despois de class="lightview".